Noticias
© Asociación ASPAS | 22/11/2017 | Imaxe da visita ao centro de San Marcos en marzo
Concelleiros do PSdeG-PSOE de Santiago visitan o centro residencial de Laraño
Mila Castro e Gonzalo Muíños percorreron as instalacións do centro Juan Vidán Torres para coñecer as actividades diarias que se levan a cabo nel.
22/11/2017 | Santiago de Compostela
Os concelleiros do PSdeG-PSOE de Santiago, Mila Castro e Gonzalo Muíños, visitaron este martes o centro residencial Juan Vidán Torres de Laraño para coñecer as instalacións e as actividades que se levan a cabo diariamente no mesmo.
Os membros do grupo municipal socialista estiveron acompañados polo presidente de ASPAS, Marcelo de la Cruz, a vicepresidenta, María José Andrade, o xerente, Javier García e a directora do centro Juan Vidán, Mari Carmen Ares, quen lles ofreceu detalladas explicacións sobre as dinámicas diarias deste espazo destinado ás persoas con discapacidade intelectual con grandes necesidades de apoio.
Desta maneira, os concelleiros do PSdeG de Santiago estiveron ao longo do 2017 nos principais centros de ASPAS tras a visita realizada no pasado mes de marzo ao centro ocupacional de San Marcos, na que tamén participou o seu voceiro municipal, Paco Reyes.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social






