Certificacións e recoñecementos
A Asociación ASPAS desenvolve, desde a súa fundación en 1967, un labor recoñecido e valorado pola cidadanía da comarca de Santiago de Compostela, reflexo do cal é a Medalla de Prata dá Cidade de Santiago de Compostela ó Mérito Cidadá que ostenta a entidade desde 1991.

Así mesmo, cabe destacar a súa declaración como Entidade de Utilidade Pública en 1976 (Código 02-07/76) xa que supuxo un respaldo moi importante das Institucións Públicas (desde o mesmo Ministerio do Interior) ao labor desenvolvido por uns pais que, con recursos limitados, proporcionaron os servizos que elas non prestaban.

Importantes mencións para un labor que supuxo a reivindicación dos dereitos dos seus fillos/ familiares con discapacidade intelectual, proporcionándolles unha oportunidade de futuro e un lugar na sociedade.
Como Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual ASPAS, estamos inscritos no:
| REXISTRO | CÓDIGO |
|---|---|
| Rexistro Central de Asociacións | 2004/007390-1 |
| Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Xunta de Galicia | E-98. |
| Rexistro Municipal de Asociacións de Santiago de Compostela (Dentro das asociacións asistenciais) . | 72/1999 |
| Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia | O-79 |






