Noticias
© Asociación ASPAS | 23/03/2017 | Visita grupo municipal PSdeG-PSOE 1
O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Santiago visita ASPAS
Os concelleiros Paco Reyes, Mila Castro e Gonzlo Muíños coñeceron as instalacións e as actividades que realizamos no centro ocupacional de San Marcos.
23/03/2017 | Santiago de Compostela
O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Santiago visitou ASPAS este mércores para coñecer as instalacións e as actividades que se realizan no centro ocupacional de San Marcos. Os concelleiros Paco Reyes, Mila Castro e Gonzlo Muíños realizaron un completo percorrido polo centro, acompañados polo presidente da entidade Marcelo de la Cruz, e polo xerente Javier García.
A primeira parada da visita foi no salón de actos, onde nese momento estaba tendo lugar un dos ensaios do musical que ASPAS prepara polo seu 50 Aniversario, podendo así observar o desenvolvemento desta actividade. Despois pasaron pola a Unidade de Atención Personalizada (UAP), os talleres de fomación ocupacional de cestería, manipulado e cerámica e a aula de formación. En cada unha destas estancias, os concelleiros foron informados do traballo que se realiza nelas e das dinámicas propias de cada actividade. Por último, achegáronse á zona das vivendas comunitarias e ao ximnasio.
ASPAS agradece a visita do grupo municipal do PSdeG-PSOE e as súas palabras de apoio á labor que realiza a entidade.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social







