Que facemos >  

Que facemos

Respiro/Emerxencia Familiar

  • Atención a persoas con discapacidade intelectual en situación de emerxencia familiar.
  • Dende - Ata: 01/02/2017 - 31/12/2017

Programa que cobre, en momentos puntuais, a atención aos membros con discapacidade intelectual das familias de ASPAS cando na contorna familiar xorden emerxencias ou situacións de estrés.

Este proxecto, desenvolvido entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2017, establece un programa de estancia temporal para dar apoio ás familias na atención á persoa con discapacidade intelectual nos momentos de cansazo, estrés ou emerxencia.

As xornadas de respiro están tuteladas por monitores que dan asistencia nas actividades da vida diaria, nas que tamén se promove a autonomía dos usuarios, e realízanse en dúas vivendas das que dispón ASPAS no centro de Santiago de Compostela.

COLABORAN:

                   

MATERIAIS RELACIONADOS
Imaxes
  • 1 de 2

Rúa Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org