Centro Ocupacional
Formación para o desenvolvemento persoal e profesional das persoas máis autónomas.
Desde - Hasta: - Actualmente
O centro está situado en Rúa Santa Teresa de Jornet, 19 San Marcos (Santiago de Compostela).
O seu obxectivo é proporcionar a formación necesaria para un maior desenvolvemento persoal e profesional das persoas con discapacidade intelectual que asisten a el, traballando habilidades, capacidades e ferramentas que faciliten a súa inserción social e laboral.
Na actualidade está composto por 6 talleres ocupacionais e en todos eles trabállanse valores fundamentais como a responsabilidade, o respecto, o traballo en equipo e o compañeirismo como alicerces básicos no desenvolvemento da persoa a través da súa contorna laboral.
Funciona de Luns a Venres en réxime de media pensión e asisten ao mesmo persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoios intermitentes, maiores de 18 anos.
Nel realízanse distintas actividades de formación laboral:
Taller de Cerámica:
Para aquelas persoas creativas e que lles gusta ensuciar as mans. Elaboración de produtos cerámicos e de barro, totalmente artesanais, únicos e personalizados. Exemplos de traballos: Elementos decorativos, agasallos personalizados, trofeos para eventos, etc. Clientes: A maioría dos clientes son particulares que buscan pezas personalizadas para os seus eventos pero tamén se elaboraron trofeos e pezas para organizacions coma Special Olympics Galicia ou a Asociación ACADE. |
|
Taller de Cestería:
Para os que lles gusta a astesanía da terra. Fabricación de artículos de cestería adaptados ás preferencias dos clientes e con acabados profesionais. Exemplo de traballos: Cestos para comuñóns e vodas, cadrados, ovalados,… de todos os xeitos e cores. Clientes: Neste caso a maioría dos clientes tamén son particulares que buscan pezas personalizadas para os seus eventos pero tamén se abastece a hostales, restaurantes e a establecimientos de artesanía coma a RABEADA, situada na zona vella da cidade. |
|
Taller de Manipulados (servicios auxiliares a empresas, principalmente de artes gráficas).
Para os máis organizados. Os seus traballos en manipulado poñen de relevo a súa gran eficiencia tanto no tratamento do material como no cumprimento de prazos e requisitos dos nosos clientes. Exemplo de traballos: Montaxe de cartafois, Retractilado, Paletización, Encartado de documentos, Corrección de erratas de encuadernación, Ensobrado, Etiquetaje, Clasificación de envíos por correo, Etc. Clientes: O noso taller de manipulado traballou moitos anos para a Consellería de Sanidade montando os maletíns que son entregados ás mulleres que acaban de dar a luz, dada a súa experiencia, na actualidade segue traballando coas empresas de gráficas máis relevantes da comarca coma TÓRCULO, AGENCIA GRAFICA GALLEGA, GRAFILASA, GRAFISANT, ARLIT, PARSAN GRAFICA, INDUSAL, EDITORIAL FOTOGRÁFICA, ZEIKA, Etc. |
|
Taller de Horticultura e Xardinería (Mantemento e Creación de Xardíns).
Para os que lles gusta traballar ao aire libre. Realización de tarefas de acondicionamiento e conservación de parques e xardíns, cultivo e venda de hortalizas e plantas ornamentales. Exemplo de traballos e clientes: Actuamente a maior parte do traballo deste taller realízase en mantementos e acondicionamentos de xardíns privados aínda que ten unha larga traxectoria e experiencia con grandes espazos, xa que levou a cabo non só a construcción e deseño de algúns dos parque do Concello de Oroso, senón tamén o mantemento dun dos parques municipais do Concello de Santiago de Compostela, o parque de Brandía, ata o cese do servizo ó Centro Especial de Emprego.
|
|
Taller de Limpeza:
Para os que lles gusta ter todo limpo e ordenado. Encárgase da formación para a realización da limpieza e aseo de centros e locais. Exemplo de traballos e clientes: Actualmente este equipo dedícase ao mantemento das instalacións do centro ocupacional e centro de día da Asociación. |
|
Taller de Cociña e Comedor:
Para os máis "chefs" e hosteleros. Procura a preparación das personas con discapacidad intelectual en labores de axudante de cociña easistencia en comedor. Así como na elaboración de comidads diarias e productos artesanais coma doces de frutas para a súa venda. Exemplo de traballos e clientes: Actualmente, ademáis de proporcionar o servizo de comedor ó centro ocupacional e o centro de día, elaboran un saboroso DOCE de MAZÁ totalmente natural que se vende a establecementos de venta da comarca e a colexios e residencias, con todas as garantías sanitarias.
|
|
Estos talleres variaron as súas ocupacións en función tanto das necesidades e demandas dos seus usuarios como das expectativas do mercado laboral da zona.
Esta adecuación proporciona unha maior formación aos nosos usuarios e pon de relevo a gran capacidade de adaptación e aprendizaxe dos oficios dos mesmos.
Os talleres de MANIPULADO E XARDINERÍA son grandes exemplos xa que, ademais de proporcionar servizos de gran calidade a empresas e institucións, tamén son os que maiores inserciones laborais xeran.