Dende - Ata: 01/01/2001 - Actualmente
Dende a inauguración do primeiro Taller Ocupacional, a Asociación ASPAS inicia un camiño que aposta pola inserción no mercado laboral das persoas con discapacidade intelectual como unha peza esencial na súa integración social e realización persoal. Neste sentido séguense diversas vías:
Mediante a a metodoloxía do Emprego Con Apoio (ECA) proporcionada polo Servizo de Emprego e Formación da Federación de Asociacións en Favor dás Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia, FADEMGA, a Asociación ASPAS comeza a inserir laboralmente en empresas ordinarias ás persoas con discapacida intelectual formadas nos seus talleres ocupacionais.
Ademais, dende a Asociación tamén se buscaron alternativas propias para a promoción do emprego como a creación do centro especial de emprego ASPAS EMPREGO S.L.