Financiadores
Financiación Pública:

Centro concertado coa Xunta de Galicia a través do concerto social para a atención diúrna e residencial de persoas con discapacidade intelectual, garantindo unha atención especializada e de calidade no marco dos servizos sociais públicos.

A Consellería de Política Social concede á Asociación ASPAS unha axuda de 546.269,40 € para a execución do proxecto de construción dun centro de día residencial, a través da convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Axuda de 46.380,96 € concedida pola Xunta de Galicia, cofinanciada nun 60 % polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+), destinada á contratación de dúas mulleres vítimas de violencia de xénero, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade e favorecer a súa inclusión social.
Axuda de 65.763,75 € concedida pola Xunta de Galicia no marco do procedemento BS623D (proxecto 2024/181), financiada con cargo ao 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades. A axuda está destinada á adquisición de bombas de calor de alta temperatura, co obxectivo de mellorar a eficiencia enerxética e o confort nos centros de atención a persoas con discapacidade intelectual.
A Asociación ASPAS recibiu unha axuda total de 77.751,00 € a través do Programa de Cooperación da Xunta de Galicia (procedemento TR352A), destinada á contratación de persoas desempregadas para a realización de obras e servizos de interese xeral e social en proxectos dirixidos a persoas con discapacidade intelectual.

Axuda de 10.384,32 € recibida a través da convocatoria de programas de interese xeral con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades, para o desenvolvemento do proxecto “Enchufando vidas: adquisición dunha furgoneta eléctrica”, dirixido á mocidade e ao voluntariado.
Axuda de 1.497,56 € destinada ao fomento e realización de actividades de voluntariado, no marco da convocatoria BS508B da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Axuda de 4.800,00 € concedida pola Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, no marco do programa Servizo de voluntariado xuvenil. Esta subvención permite impulsar a participación de persoas mozas voluntarias en actividades inclusivas con persoas con discapacidade intelectual, fomentando a convivencia, a solidariedade e o compromiso social.
Axuda de 2.400,00 € concedida pola Xunta de Galicia a través do programa Voluntariado Sénior, no marco do procedemento BS508C. Esta subvención ten como finalidade fomentar a participación voluntaria en iniciativas sociais dirixidas a persoas con discapacidade intelectual, promovendo o envellecemento activo, a solidariedade interxeracional e o compromiso social, ano 2024.

![]()

Aspas Emprego recibe 29.556,90 € a través dá subvención para o apoio da consolidación das entidades de Economía Social de Galicia "Bono Consolida Economía Social" na convocatoria 2024 para a adquisición dunha lavadora e unha secadora para a lavandería

A Asociación ASPAS adquire unha furgoneta eléctrica a través do Programa Moves III-Next Generation EU

Convenio de colaboración en proxectos como a presentación da Exposición de "50 anos de historia".

Axuda concedida á Asociación ASPAS por un importe de 33.200 €, destinada á mellora da calidade dos servizos prestados a persoas con discapacidade intelectual.
Axuda de 9.600 € para o desenvolvemento do programa de respiro e/ou atención en situacións de emerxencia familiar, dirixido a apoiar ás familias coidadoras de persoas con discapacidade intelectual.

Convenio de colaboración para o programa de respiro e/ou emerxencia familiar de 6.000 € no ano 2025.
Financiación Privada:

Axuda de 774,40 € para a actualización desta páxina WEB no proxecto Más Social CONECTA.

A Fundación ONCE concede á Asociación ASPAS unha axuda económica de 20.953,47 € destinada a sufragar parte dos gastos derivados da adquisición dun vehículo tipo furgón con remolque para o centro ocupacional, no ano 2025.

Axuda económica para un sistema de enerxía aerotérmica nos centros da Asociación Aspas por un importe de 45.839,44 €.

Ayuda de 4.750 € concedida para el desarrollo del programa de respiro y/o atención en situaciones de emergencia familiar durante el año 2025.






