Cookies


Programa de Autoxestores

Programa de Autoxestores
Eles promoven a súa autodeterminación e educan á sociedade.

Desde - Hasta: 01/01/2006 - Actualmente

O programa de GRUPO DE AUTOXESTORES diríxese a persoas con discapacidade intelectual con certo nivel de autonomía que precisan apoios de tipo intermitente e limitado nas áreas de comunicación, habilidades sociais, utilización da comunidade e autodirección.

O obxectivo do programa é promover a autoxestión e autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual.
 
Os grupos de autoxestores ofrecen a posibilidade de que cada un dos seus membros dispoña do seu espazo para expresarse e manifestar as súas necesidades e desexos, para oír e ser escoitados, un espazo no que os verdadeiros protagonistas son as persoas con discapacidade intelectual; en definitiva, un espazo de participación.

Así mesmo, son unha peza fundamental no noso labor de sensibilización e comunicación coa sociedade xa que, non só participan na presentación e acompañamento das visitas que recibimos nos centros da Asociación, senón que realizan importantes charlas en colexios e institutos da comarca, a través das súas propias experiencias, conciencian sobre a integración e a normalización neses espazos e o que poden marcar as actitudes sociais nesas estapas de desenvolvemento.

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org