Dende - Ata: - Actualmente
Está situado en Santa Teresa de Jornet, 19-San Marcos e presta servizos de atención diurna en réxime de media pensión a persoas con discapacidad intelectual con necesidades de apoio extenso e/ou xeneralizado.
Inscrito no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos sanitarios de Galicia (REGCESS) co código: C-15-004662.
Aínda que administrativamente se considera Centro de Día, internamente denomínase UNIDADE DE ATENCIÓN PERSONALIZADA.
É unha unidade que pretende dar unha atención máis individualizada a persoas con niveis intelectuais baixos e con necesidades de apoios extensos en distintas áreas como comunicación, coidado de si mesmo, destrezas sociais, habilidades laborais, etc., que acoden a este centro ocupacional.
Poder dar ás persoas usuarias desta unidade unha atención personalizada co fin de conseguir unha mellor calidade de vida, o máis normalizada posible, dentro do ámbito habitual.
Intentaremos: