Cookies


Misión, visión e valores

Somos unha asociación de familias que nace co FIN de traballar pola mellora da  vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, conseguindo e facilitando os apoios necesarios para a defensa dos seus dereitos.

Unha organización sen fin de lucro que promove servizos con criterios de calidade, axustados ás necesidades das persoas  e que incrementen o seu grao persoal de benestar, autonomía e integración social.

 

Misión:

A nosa Misión é conseguir e facilitar os apoios necesarios para a defensa e mellora dos dereitos e da calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual, e das súas familias, considerando a todas elas como xeradoras de dereitos e deberes.

 

 

Principios e Valores:

Consideramos que as persoas con discapacidade intelectual:

  1. Son persoas que teñen dereitos.
  2. Son iguais e merecen respecto á individualidade e á diferenza.
  3. Teñen capacidades.

Sempre orientados polos principios de:

  • integración social e de normalización,
  • calidade na actuación da organización,
  • interese pola globalidade do colectivo de persoas con discapacidade intelectual,
  • promoción integral das mesmas.

Os nosos valores son:

  • o traballo e a dedicación na defensa e mellora dos dereitos e calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias,
  • a democracia interna e a confianza,
  • a transparencia e a honradez tanto na actuación como na xestión,
  • e a solidariedade e o respecto entre todos.

Visión:

Buscamos responder ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual, calquera que sexa o seu grao de afectación, idade ou sexo, e ás das súas familias.

Para as persoas con discapacidade intelectual:

  • A súa promoción integral como persoa e unha formación permanente;
  • A asistencia plena en todas as etapas do seu desenvolvemento para unha completa normalización.
  • Cubrir as necesidades que xurden durante as etapas da súa vida creando centros para a formación ocupacional e servizos de emprego, servizos de vivenda e pisos tutelados, de lecer e tempo libre, servizos asistenciais e residenciais e centros de día.
  • A integración no seu contorno familiar e social, así como no mundo laboral.
  • Actuar en defensa dos dereitos e protección das persoas con discapacidade intelectual en todo momento e lugar.

Para o seu entorno, as familias e os traballadores:

  • Información, orientación e apoio.
  • Creación de servizos de asesoramento dirixidos a responder as necesidades do colectivo
  • Celebración de cursos, conferencias, publicacións, e actividades que facilite  a formación e información dos pais, titores, voluntarios e profesionais relacionados coa discapacidade intelectual.

Para a sociedade:

  • Fomentar a colaboración con outras asociacións de fins análogos para o logro dos mesmos.
  • Apelar á solidariedade social para contar coa colaboración e compresión da cidadanía e do voluntariado.
  • Mentalizar á sociedade para conseguir un cambio de actitudes positivo de cara a integración e a normalización social das persoas con discapacidade intelectual.
  • Reivindicar comportamentos e normas que promovan a dignidade e a debida atención ás persoas con discapacidade intelectual, así como denunciar todas aquelas accións que atenten contra ela ou os seus dereitos.
      Imprimir
Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org