Teatro inclusivo
O teatro inclusivo é a maxia de crear unha Obra Musical representada por 50 persoas con discapacidade intelectual.
Desde - Hasta: 01/12/2016 - Actualmente
O programa de teatro nace dunha idea ilusionista de crear unha obra musical baseada na historia de Peter Pan e que estivese representada por persoas con discapacidade intelectual.
Un voluntario chamado Kiko, profesor prexubilado, aventurouse a dirixir a actividade e obra musical.
Púxose en marcha un pequeno guion e comezaron os primeiros ensaios, onde destacaba a ilusión e o empeño e esforzo das persoas con discapacidade intelectual por memorizar os guións, escenas... e pouco a pouco floreceron as súas habilidades e empezaron a brillar no escenario, pequenas estrelas cheas de enerxía e ilusión que cegaban a toda persoa que se paraba a ver os ensaios.
Da man do voluntario director, mozos estudantes empezáronse a unirse á obra, como músicos, bailarinas, maquilladoras, trasgos de apoio...
Ambos colectivos, discapacidade intelectual e mozos estudantes, conviven nos ensaios, aprendendo uns de outros e axudándose mutuamente, os mozos apoian ás persoas con discapacidade intelectual á memorización dos guións, á posta en escena,… pero as persoas con discapacidade intelectual ensinan aos mozos a que con esforzo e ilusión todo pódese conseguir, ensínanlles os valores que non poderán atopar nos seus libros, bríndanlles o seu agarimo, a súa alegría e gratitude.
A obra aumentaba o seu guion para dar renda solta ao talento natural das persoas con discapacidade intelectual que cada día interpretaban os seus papeis con máis ímpeto.
Unha vez preparada a Obra, decídese ensinala ao público en xeral na Gala do 50 aniversario da Asociación, que se celebrou o 16 de decembro de 2017 no Auditorio de Galicia.
Tras nervios, abafos, choros pero tamén risas, os actores saíron ao escenario cargados de sabedoría e habilidades para representar a obra musical, que se pode catalogar como un éxito absoluto se contamos o tempo que durou o aplauso máis que merecido do público asistente (asistencia de 900 persoas).
Tras a estrea triunfal, as persoas con discapacidade intelectual piden continuar co programa de teatro inclusivo, queren que as persoas vexan as súas capacidades, queren ensinar á sociedade de que son capaces de crear, traballar, ilusionar e facer gozar aos demais coas súas habilidades e traballo.