Que facemos >  

50º Aniversario

  • 50 anos creando oportunidades para as persoas con discapacidade intelectual
  • Dende - Ata: 01/01/2017 - 01/12/2017

¡Chegou o 2017 e ASPAS celebra o seu 50º Aniversario!

Temos programadas unha serie de actividades ao longo do ano para conmemorar este fito nas que están convidados a participar usuarios, familias, profesionais e voluntarios da asociación, e nas que desexamos que se implique o resto da sociedade.

No mes de MARZO comienzaremos os preparativos para facer o Camiño de Santiago baixo o título "ASPAS facendo o Camiño". Baixo o lema: "50 anos camiñando coas persoas con discapacidade", completaremos os últimos 100 quilómetros do camiño. A ruta dividirase en oito etapas que se percorrerán durante os fins de semana de abril e maio.

EN XUÑO terá lugar o acto principal do 50º Aniversario, a convivencia familiar de ASPAS: Convivencia 50 Aniversario.

Ese mesmo día presentaremos a todos os asistentes o resultado dos proxectos que estamos a levar a cabo coa intención de recoller a historia de ASPAS: un libro, un vídeo e unha exposición.

Ademais, os usuarios de ASPAS están a preparar un musical que será representado nesta celebración e que posteriormente tamén se poderá ver noutros lugares.

Durante os meses de SETEMBRO A NOVEMBRO, a exposición e o vídeo visitarán diferentes espazos da nosa cidade  para dar a coñecer a Asociación ASPAS e a súa historia.

Ao longo deses meses tamén se instalarán mesas divulgativas en diferentes puntos da comarca de Santiago para achegar máis aos nosos veciños o labor que realiza ASPAS e os valores e ilusión que transmiten as persoas que a compoñen.

Finalmente, no mes de DECEMBRO e como broche da programación, celebrarase un Acto de Peche do 50º Aniversario.

Con este acto queremos honrar a todas as persoas e entidades que nos axudaron, durante este ano, a conmemorar  como se merece o importante labor realizado e os logros conseguidos por unha Asociación de pais que, hai 50 anos, tiveron a valentía de coller aos seus fillos e fillas da man e saír á rúa para cambiar o mundo.

GRAZAS

PROGRAMA:                                          


COLABORADORES:

 

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 29

 
Boletín
 

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

 

Rúa Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org