Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 09/11/2017 | Reunión dos autoxestores con Concha Fernández

Os autoxestores de ASPAS trasladan as súas demandas á concelleira de Políticas Sociais

Este grupo de usuarios da asociación, acompañados pola traballadora social, indicáronlle a Concha Fernández a necesidade de eliminar as barreiras cognitivas e mellorar a accesibilidade ao centro de San Marcos.

09/11/2017 | Santiago de Compostela

Os autoxestores de ASPAS manteron unha xuntanza este mércores coa concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Concha Fernández, na que lle trasladaron as súas demandas para mellorar a accesibilidade física e cognitiva na súa contorna.
 
Desta maneira, este grupo de usuarios da asociación, acompañados pola traballadora social, indicáronlle a Concha Fernández a necesidade de eliminar as barreiras cognitivas e facer máis accesible a todas as persoas a información municipal mediante versións simplificadas ou en lectura fácil dos materiais. Como exemplo, amosáronlle o último número da publicación Planeta Fácil, na que ademais se recolle unha noticia sobre esta reivindicación en varios concellos. Do mesmo xeito, tamén sinalaron posibles melloras no acceso ás instalacións de ASPAS en San Marcos relativas a aumentar o alumeado, as beirarrúas ou os pasos de peóns.
 
A concelleira de Políticas Sociais recolleu as observacións dos autoxestores e convidounos a trasladalas tamén a outros departamentos municipais con competencia nesas materias, como os de Cultura ou Urbanismo. Concha Fernandez ademais explicou o funcionamento das institucións municipais como a Xunta de Goberno e o Pleno, onde os animou a participar, así como nos encontros Ao Vivo e noutras actividades organizadas polo Concello.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Programas > Programa de Autoxestores

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org