Noticias
© Asociación ASPAS | 14/02/2017 | Grupo de validación 1
A Xunta publica a versión en lectura fácil da Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020 validada por membros de ASPAS
A adaptación e validación do texto foi realizada en colaboración con FADEMGA Plena inclusión Galicia. A Administración autonómica valida por primeira vez un documento neste formato, o que permitirá que sexa accesible a todas as persoas con dificultades de comprensión lectora.
14/02/2017 | Santiago de Compostela
A Consellería de Política Social acaba de publicar a versión validada en lectura fácil da Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020. A validación do documento foi realizada en colaboración con FADEMGA Plena inclusión Galicia a través dun grupo de traballo no que participaron os usuarios de ASPAS Encarnación Rodeiro Mougán, Darío Jiménez Gendre, José Antonio Martínez Balado e Luísa Fandiño Núñez.
Esta publicación é a primeira que fai a Xunta de Galicia neste formato, o que permitirá que sexa accesible a todas as persoas con dificultades de comprensión lectora.
O documento recolle as accións que se propón realizar a Xunta de Galicia en colaboración coas asociacións de persoas con discapacidade e outras administracións. A estratexia contempla o desenvolvemento de 477 actividades en diferentes ámbitos co obxectivo de acadar a inclusión plena e efectiva das persoas con discapacidade na sociedade galega.
Así, están establecidas seis liñas estratéxicas nas que centrar o traballo: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais. Do mesmo xeito, estas liñas van acompañadas dos principios transversais de accesibilidade, participación, investigación, innovación e calidade e igualdade de xénero.
Accede ao documento aquí: ESTRATEXIA GALEGA SOBRE DISCAPACIDADE 2015-2020 EN LECTURA FÁCIL
Arquivada en:







