Noticias
Seis deportistas de ASPAS participan nos Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios en Santiago
No encontro, celebrado esta fin de semana no Multiusos Fontes do Sar, todos os membros de ASPAS disputaron a modalidade de tenis de mesa.
11/04/2016 | Santiago de Compostela
Seis deportistas de ASPAS participaron esta fin de semana nos XXI Xogos Autonómicos de Deportes Minoritarios, organizados por Special Olympics Galicia en colaboración con Fademga e promovidos pola nosa asociación. O Multiusos Fontes do Sar acolleu esta cita na que os nosos seis membros, María José Botana, Sandra Castro, José Antonio Brea, Felipe Varela, Francisco Losada e Olivier Cantero, disputaron a modalidade de tenis de mesa e disfrutaron dunha xornada de deporte, integración e compañeirismo.
Os xogos contaron coa participación de 23 asociacións, que desprazaron un total de 377 deportistas con discapacidade intelectual e 99 adestradores e adestradoras. Ademais, participaron 105 voluntarios. A xornada deportiva inaugurouse ás 10:45 horas co habitual desfile de deportistas das entidades participantes, e finalizou ás 19:00 horas co acto de clausura.
Ademais do tenis de mesa, houbo competición de bádminton, petanca, e probas motrices adaptadas de desprazamento, tiro de disco, recepción de pelotas, lanzamento a canastra, lanzamento de precisión, tiro a portería, raquetas e pelotas, equilibrio dinámico, desprazamento con diferentes apoios e bolos.
Arquivada en:






