Noticias
Tres corredores de ASPAS acuden aos Xogos Autonómicos de Campo a Través
No evento, celebrado en Monforte de Lemos, a atleta de ASPAS Ramonita Seijo conseguiu a primeira praza en 1.500 metros, mentres que Jesús Cabo foi terceiro na mesma distancia e Alberto Gómez rematou sétimo en 400 metros.
30/05/2016 | Santiago de Compostela
Tres corredores de ASPAS participaron esta fin de semana na XIX edición dos Xogos Autonómicos de Campo a Través para persoas con discapacidade intelectual. O evento, organizado por Special Olympics Galicia en colaboración con Fademga Plena Inclusión Galicia e promovido pola Asociación Prodeme disputouse no Circuíto As Lamas da Sociedade Val de Lemos en Monforte.
Os atletas de ASPAS realizaron unha destacada actuación nestes xogos, xa que Ramonita Seijo conseguiu a primeira praza na súa serie de 1.500 metros, Jesús Cabo foi terceiro na mesma distancia e Alberto Gómez rematou sétimo en 400 metros. A xornada, que se desenvolveu entre as 10.00 e as 20.00 horas contou coa participación de máis de 300 persoas entre ateletas, adestradores e voluntarios.
Arquivada en:






