Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 09/05/2017 | Atletismo 2017-1

Gran xornada de deporte e compañeirismo nos Xogos de Atletismo de Special Olympics Galicia

Catro deportistas de ASPAS participaron nas probas de 400 e 1500 metros, respectivamente, e conseguiron diferentes resultados, aínda que o importante para eles era "disfrutar".

09/05/2017 | Santiago de Compostela

As pistas de atletismo da Universidade de Santiago de Compostela acolleron o pasado domingo os xogos autonómicos desta disciplina de Special Olympics Galicia, na que foi unha gran xornada de deporte e compañeirismo. Nesta cita participaron os atletas de ASPAS Ramonita Seijo e Jesús Cabo en 1500 metros, e Paco Carneiro e Felipe Varela en 400 metros.

O encontro, que contou coa colaboración de FADEMGA e ASPAS, reuniu a case 200 persoas con discapacidade intelectual e máis de 300 sumando adestradores e voluntarios. Na competición Ramonita Seijo alzouse co primeiro posto na proba de 1500 metros, Jesús Cabo foi terceiro na mesma distancia da súa categoría, Felipe Varela finalizou en terceira posición en 400 metros, mentres que Paco Carneiro non puido facer valer a súa praza tras saírse da súa rúa durante a carreira.

En calquera caso, como sinalou Jesús Cabo "o importante era disfrutar" e pasar unha xornada de deporte e confraternización cos compañeiros das 17 entidades galegas que asistiron aos xogos.

 

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org