Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 22/11/2017 | Rubén Cela no taller de cestería

ASPAS recibe a visita do voceiro municipal do BNG de Santiago

Rubén Cela acudiu ao centro ocupacional de San Marcos, onde percorreu os talleres, as vivendas comunitarias e o resto das instalacións.

22/11/2017 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS recibiu este mércores a visita do voceiro municipal do BNG de Santiago, Rubén Cela, que acudiu ao centro ocupacional de San Marcos para coñecer as actividades diarias que se realizan nel. Acompañado polo presidente de ASPAS, Marcelo de la Cruz, a vicepresidenta, María José Andrade, e o xerente, Javier García, Rubén Cela pasou pola UAP, os talleres ocupacionais e a aula de formación.

Deste xeito, usuarios e monitores informárono do traballo que se realiza e das dinámicas propias de cada actividade. Por último, foi guiado pola zona das vivendas comunitarias, a cociña, o comedor e o ximnasio antes de manter unha xuntanza cos responsables da entidade.

ASPAS agradece a visita do voceiro municipal do BNG e as súas palabras de apoio á labor que realiza a asociación.

 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org