Noticias
© Asociación ASPAS | 18/11/2016 | Visita vivendas
Alumnos dun curso de atención sociosanitaria de Melide visitan as instalacións de ASPAS
O grupo puido coñecer as actividades realizadas nos talleres, as vivendas comunitarias e outras dependencias da sede de San Marcos.
18/11/2016 | Santiago de Compostela
Alumnos dun curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes de Melide visitaron as instalacións de ASPAS este venres. Esta actividade serviulles para coñecer de preto o traballo que se realiza en institucións como a nosa e familiriazarse cun entorno semellante ao que poderán atopar nun futuro emprego relacionado coa formación que están recibindo.
Na visita, o alumnado deste curso asistiu a unha presentación xeral de ASPAS e posteriormente percorreron as instalacións guiados por unha das nosas usuarias. Así, nas vivendas comunitarias puideron coñecer en detalle a organización das tarefas domésticas das que se encargan os usuarios, así como as responsabilidades do persoal coidador.
A continuación pasaron á zona de talleres de formación ocupacional de manipulado, cerámica, cestería, da aula de formación e da UAP, onde os propios usuarios de cada taller explicaron detalladamente en que consiste o traballo que realizan cada día. Ao rematar non dubidaron en mercar algunhas pezas elaboradas no taller de cerámica ao quedar impresionados pola beleza dos obxectos elaborados.
Agradecemos a este grupo a súa visita e desexámoslle un futuro laboral exitoso no eido da atención sociosanitaria.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social







