Noticias
© Asociación ASPAS | 01/02/2017 | Visita aula formación
Estudantes de segundo de bacharelato do IES Número 1 de Ordes visitan ASPAS
Os alumnos fixeron un percorrido polas nosas instalacións para coñecer as actividades que realizamos nos talleres de formación ocupacional e nas vivendas.
01/02/2017 | Santiago de Compostela
Estudantes de segundo de bacharelato do IES Número 1 de Ordes visitaron este mércores as instalacións da Asociación ASPAS en San Marcos para coñecer de preto as actividades que realizan os usuarios e profesionais do centro.
A visita dos estudantes comezou cunha presentación xeral de ASPAS no salón de actos. A continuación pasaron aos talleres de formación ocupacional de manipulado, cerámica e cestería, á aula de formación e á Unidade de Atención Personalizada (UAP), onde os propios usuarios de cada taller explicaron detalladamente en que consiste o traballo que realizan cada día. O percorrido terminou nas vivendas, onde se lles informou de como se organiza a convivencia e as tarefas diarias.
Agradecemos aos estudantes e docentes de segundo de bacharelato do IES Número 1 de Ordes a súa visita e desexámoslles que teñan un bo curso.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social







