Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 24/02/2016 | Compañía de María visita ASPAS

Alumnos de Compañía de María visitan o Centro Ocupacional e de Día de ASPAS en San Marcos

Os alumnos de Compañía de María devólvennos a visita e achéganse a coñecer as actividades desenvolvidas nos centros ocupacional e de día.

24/02/2016 | Santiago de Compostela

Durante a mañá deste mércores, e repartidos en varios grupos, 86 alumnos do colexio Compañía de María achegáronse ata San Marcos a coñecer de primeira man as actividades que se desenvolven diariamente nos centros ocupacional e de día da Asociación ASPAS.

Guiados polas persoas con discapacidade intelectual, fixéronos partícipes da súa día a día. Esta visita produciuse tras a realizada dous días antes por membros do taller ocupacional de manipulado ao colexio para dar a coñecer o seu traballo e experiencia, dentro dunha labor de formación e sensibilización de novas xeracións, vital para un futuro integrador e normalizado.

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org