Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 19/12/2017 | Imaxe do edificio no que se realizaría a ampliación

ASPAS informa do proxecto de ampliación do centro de día a representantes da Deputación da Coruña

A vicepresidenta do ente provincial, Goretti Sanmartín, e a deputada de Benestar Social, Ánxela Franco, visitaron o centro de San Marcos a semana pasada, acompañadas polo concelleiro do BNG en Santiago, Rubén Cela.

19/12/2017 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS recibiu o pasado mércores a visita da vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e da deputada de Benestar Social, Ánxela Franco, acompañadas polo concelleiro do BNG en Santiago, Rubén Cela. Os representantes públicos percorreron as instalacións de San Marcos e foron informados do proxecto de ampliación do centro de día no que vén traballando ASPAS nos últimos anos.

Actualmente a Unidade de Atención Personalizada (UAP), que presta o servizo de centro de día a persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio extenso e xeralizado, conta con 25 prazas e a intención de ASPAS é a de duplicar este número. Ademais, a asociación tamén trasladou durante a visita o proxecto de aumentar o número de prazas de residencia en San Marcos, mediante a ampliación do edificio de cociña, comedor e servizos múltiples.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org