Noticias
© Asociación ASPAS | 16/03/2016 | Visita conselleiro Política Social 1
O conselleiro de Política Social visita a Asociación ASPAS
José Manuel Rey Varela mantivo unha xuntanza de traballo coa Xunta Directiva, na que se lle trasladaron diversas peticións. Ademais, o conselleiro anunciou a ampliación das prazas do Centro de Día de 18 a 30.
16/03/2016 | Santiago de Compostela
O conselleiro de Política Social José Manuel Rey Varela visitou este martes a Asociación ASPAS. Neste encontro o conselleiro mantivo unha xuntanza de traballo coa Xunta Directiva da ASociación e puido coñecer as instalacións de ASPAS en San Marcos e as actividades que se realizan cada día nelas.
Na reunión co conselleiro de Política Social, ASPAS trasladoulle diferentes inquedanzas e peticións relacionadas coa xestión de prazas nos centros, o sistema de copago ou a contratación de servizos. Pola súa banda, Rey Varela, anunciou a ampliación do número de prazas dispoñibles no Centro de Día (U.A.P.) das 18 actuais a 30. Ademais informou do traballo que está a facer a Xunta para a bonificación da Lei de Servizos Sociais para facilitar contratacións en entidades sen ánimo de lucro, ao tempo que asegurou que asociacións como ASPAS merecen máis apoio por parte das institucións.
Arquivada en:







