Noticias
© Asociación ASPAS | 12/05/2017 | Visita grupo Melide 1
Alumnas de Atención Sociosanitaria de Melide visitan ASPAS
Un grupo da Unidade de Acción Formativa para persoas en situación de desemprego do concello melidense visitou as instalacións da asociación e participaron na actividade dos talleres do Centro Ocupacional.
12/05/2017 | Santiago de Compostela
Un grupo de alumnas de Atención Sociosanitaria en Institucións da Unidade de Acción Formativa para persoas en situación de desemprego do Concello de Melide visitaron ASPAS este venres para coñecer como se desenvolve a actividade diaria nas instalacións de San Marcos e completar así a súa formación.
A visita comezou cunha explicación xeral dos servizos que presta a asociación por parte do xerente Javier García. A continuación o grupo dirixiuse ás vivendas comunitarias, onde puideron coñecer como se organiza a convivencia e as tarefas diarias e cal é o papel dos usuarios e das profesionais que os acompañan. Por último, dirixíronse aos talleres, nos que se dividiron en pequenos grupos para participar na actividade dos mesmos.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social







