Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 13/02/2019 | 1

La conselleira de Política Social visita la Asociación Aspas

A Conselleira acompañada do Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade visitan a Asociación Aspas para coñecer de primeira man o traballo realizado pola Asociación.

13/02/2019 | Santiago de Compostela

A Conselleira de Política Social Fabiola García Martínez visitou esta mañá a Asociación ASPAS. Neste encontro a conselleira puido coñecer os centros sitos en San Marcos e as actividades que levan a cabo neles, ademais de manter unha reunión de traballo coa xunta directiva que lle trasladan as necesidades da entidade e preséntanlle o novo proxecto da asociación, a construción dunha residencia con centro de día para persoas con discapacidade intelectual con necesidades de apoio extenso e/ou xeneralizado.

A conselleira visita o centro ocupacional, o centro de día e as vivendas comunitarias onde persoas con discapacidade intelectual e traballadores explícanlle o traballo realizado polos usuarios dos centros, visitando o resto de instalacións como comedor, ximnasio e mesmo asiste ao ensaio do musical Peter! Voamos!.

ASPAS agradece a visita da conselleira e do director xeral, así como as súas palabras de colaboración e apoio ao labor que realiza a asociación.

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org