Cookies


Noticias 

SOMOS NEGATIVOS EN COVID_19

Todos os residentes e profesionais das residencias da Asociación Aspas dan negativos nas probas de COVID-19.

28/04/2020

O pasado venres 17 de abril os usuarios e profesionais da Asociación realizan o text para detectar a presenza do coronavirus Covid-19, dando todos negativo. Resultado que nos enche de alegría e tranquilidade.

Desde a Asociación Aspas seguimos adoptando as medidas preventivas necesarias para continuar con este resultado:

- Manter unha distancia segura entre as persoas.

- Lavar as mans con frecuencia e utilizar solución hidroalcohólica.

- Desinfectar todas as salas e materiais despois de cada uso.

- Desinfectar manillas, tiradores, corredores... a diario

- Utilización de máscara por parte dos profesionais para evitar estender particulas aos residentes atendidos.

Pero unha noticia así é motivo de celebración polo que vos presentamos o seguinte vídeo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org