Cookies


Axenda de actividades

ASPAS finaliza o Camiño de Santiago coa chegada á Praza do Obradoiro

ASPAS realiza a última etapa do Camiño de Santiago con motivo da conmemoración do 50º Aniversario da asociación. A ruta consta de 7 quilómetros entre Cámping San Marcos e a Praza do Obradoiro. Ao finalizar o percorrido os camiñantes serán recibidos polas autoridades municipais e posteriormente celebrarase unha comida de confraternización na Alameda.

20/05/2017 - 20/05/2017 | Santiago de Compostela

O programa previsto para a xornada é o seguinte:

9.30h. Saída desde San Lázaro (diante do Palacio de Congresos).

10.15h. Empeza o camiño desde Cámping San Marcos.

11.00h. Parada en San Lázaro para incorporar camiñantes.

12.00h. Parada en Porta do Camiño para incorporar camiñantes.

12.15h. Chegada á Praza do Obradoiro.

12.30h. Recepción de autoridades e acto final do Camiño.

13.00h. Fin da actividade (desprazamento en bus a san Lázaro das persoas que non se quedan á comida para recoller o seu coche).

14.30h. Comida na Alameda.

17.30h. Recollida en bus para regresar a San Lázaro.

Lugar de celebración:

Cámping San Marcos-Praza do Obradoiro

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > 50º Aniversario

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org