Noticias
Aspas remata o Camiño de Santiago 2019
O sábado 25 de maio os participantes da Asociación Aspas chegan á Praza do Obradoiro tras seis etapas da vía da prata.
27/05/2019 | Santiago de Compostela
Baixo o lema “ Camiñando Xuntos pola Inclusión Social” máis de 100 persoas da Asociación Aspas percorren os 112 quilómetros que distancia Ourense de Santiago de Compostela, repartidos en 6 etapas entre as fins de semana de abril e maio.
O sábado 25 de maio entramos na Praza do Obradoiro ao redor das 13,30 h do mediodía onde a alegria e a emoción de realizar o camiño un ano máis estaba patente en todos os participantes.
Realizada unha foto grupal para a posteridade, dirixímonos a celebrar o fin do camiño cunha comida nas carpas da Alameda onde gozamos dun bo polbo e churrasco.
Agora soamente quédanos esperar o seguinte camiño, cal será?
A asociación Aspas quere dar as grazas a todas as persoas que participaron nesta actividade, porque sen elas non sería posible, así como á empresa patrocinadora da actividade.
Moitas grazas
Arquivada en:







