Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 22/10/2019 | cuadro agader

ASPAS introduce un sistema de enerxía aerotérmica para os seus centros grazas á colaboración de AGADER (Axencia Galega de desenvolvemento rural)

A Axencia Galega de desenvolvemento rural, AGADER achega 45.839,44 € á asociación ASPAS para investir nun sistema de enerxía aerotérmica, axuda tramitada a través de GDR terras de Compostela.

09/10/2018

Aspas súmase ao coidado do medioambiente instalando un sistema de enerxía renovable baseado en bombas de calor para modificar o sistema de calefacción de todos os seus centros.

Este sistema consiste en aproveitar a enerxía térmica existente no aire exterior para producir calor por medio dunhas bombas de calor, as cales funcionan con enerxía eléctrica.

A instalación deste sistema de calefacción supón un gran número de vantaxes como a eficiencia, trátase dun sistema de alta eficiencia co que o consumo é moi reducido, e o aforro a longo prazo considerable, a comodidade porque a penas ten mantemento, e a limpeza xa que se trata dun sistema que non xera fume, gases nin cinzas nos centros.

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org