Axenda de actividades
Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental
Profesionais de ASPAS asistirán a este seminario organizado por Fademga Plena Inclusión Galicia
25/11/2016 - 25/11/2016 | Santiago de Compostela
Fademga Plena Inclusión Galicia organiza a décima edición do Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, ao que asistirán profesionais de ASPAS. O seminario consistirá, como é habitual, en relatorios, mesas redondas e talleres.
Está dirixido a técnicos e profesionais da administración pertencentes ao ámbito social, sanitario e educativo, profesionais do sector da discapacidade intelectual e do movemento asociativo, profesionais de outras organizacións que traballen nestes ámbitos e estudantes de diferentes disciplinas: traballo social, psicoloxía, terapia ocupacional, enfermería, etc.
Lugar de celebración:
Facultade de Psicoloxía da USC (Santiago de Compostela)
Arquivada en:






