Noticias
© Asociación ASPAS | 03/11/2017 | Chegada de Covadonga Toca
ASPAS recibe a visita da secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia
Covadonga Toca acudiu ao centro ocupacional de San Marcos este venres para coñecer as instalacións e o desenvolvemento dos diferentes programas de emprego nos que a Xunta colabora coa asociación.
03/11/2017 | Santiago de Compostela
A secretaria xeral de Emprego da Xunta de Galicia, Covadonga Toca, visitou o centro ocupacional de ASPAS en San Marcos este venres. Desta maneira, puido coñecer as instalacións da asociación e realizar un percorrido polos talleres de formación ocupacional, a UAP e outros departamentos do centro.
Á súa chegada, Covadonga Toca foi recibida pola xunta directiva e o xerente de ASPAS e a continuación atendeu os medios de comunicación para valorar os datos do paro rexistrado do último mes. Posteriormente dirixiuse cara os talleres de formación ocupacional, onde recibiu unha detallada explicación da actividade que se reliza neles, para despois visitar outras dependencias como as vivendas, a lavandería ou a zona de cociña e comedor. Finalmente, mantivo unha xuntanza coa directiva de ASPAS.
Durante o encontro a secretaria xeral de Emprego foi informada tamén dos programas da súa área nos que a Xunta de Galicia colabora coa asociación, como o de Cooperación ou o de Garantía Xuvenil. Ademais, felicitou a ASPAS polo seu 50 Aniversario e recibiu como agasallo o libro no que se narra a historia da asociación neste medio século.
Arquivada en:






