Cookies


Noticias 

UNHA SALA MULTISENSORIAL PARA O NOVO CENTRO DE DÍAS ASPAS

O novo centro de día conta cunha sala multisensorial grazas á axuda outorgada da Fundación ONCE.

19/05/2022

A sala multisensorial é un espazo interactivo con materiais determinados e específicos, como tubo de burbullas, fibra óptica, iluminación, sons, vibración, luces de cores, cama de auga… deseñada para o desenvolvemento de actividades que estimulen ás persoas con discapacidade a través dos sentidos

Esta estimulación sensorial está especialmente indicada para persoas con alteracións de conduta, dificultades sensoriais, desconexión coa contorna ou alteracións musculo- esqueléticas que lles dificultan a relaxación e o benestar corporal.

Os resultados esperados inclúen a relaxación e a diminución de o estrés, creación dun ambiente de seguridade, onde expresarse sen limitacións, melloras en canto ás vias de comunicación, comprensión da percepción sensorial, modificacións nos comportamentos difíciles, melloras en concentración e integración cognitiva, estado de ánimo e un longo etc.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org