Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 21/10/2016 | Sendeirismo Santiago 1

ASPAS comparte unha xornada de sendeirismo en Compostela con outras entidades e voluntarios da Fundación Telefónica

Na actividade, organizada por Special Olympics Galicia en colaboración con Fademga, ademais dos membros de ASPAS, participaron tamén persoas con discapacidade de Amipa e Aspadeza.
 

21/10/2016 | Santiago de Compostela

Membros da Asociación ASPAS compartiron este venres unha xornada de sendeirismo en Compostela con persoas con discapacidade intelectual das asociacións Amipa e Aspadeza xunto a voluntarios da Fundación Telefónica, que celebraba o seu Día Internacional do Voluntario Telefónica. A actividade, organizada por Special Olympics Galicia en colaboración con Fademga consistiu nunha ruta a pé de 5 quilómetros percorrendo diferentes parques e zonas verdes da capital galega.
 
Os 15 atletas das tres entidades, acompañados por 5 adestradores e polos voluntarios, comezaron a xornada ás 10.30 horas na Alameda. A continuación a expedición dirixiuse ao Parque de Vista Alegre para logo seguir camiño polo Parque de Galeras e o Campus Sur. A ruta rematou na Alameda, onde os participantes recibiron un agasallo, e posteriormente pechouse a xornada cunha comida de confraternización.

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org