Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 16/01/2017 | Reunión informativa 50 aniversario 1

A Xunta Directiva presenta aos membros de ASPAS as actividades previstas para o 50 aniversario

Usuarios, socios, familiares, traballadores e voluntarios de ASPAS reuníronse este sábado para coñecer as propostas que a Xunta Directiva considera máis adecuadas para a conmemoración do 50 Aniversario da asociación tras a recollida de suxerencias realizada recentemente.

16/01/2017 | Santiago de Compostela

ASPAS celebrou unha reunión esta fin de semana na que a Xunta Directiva realizou unha presentación das propostas que consideran máis adecuadas para a conmemoración do 50 Aniversario da asociación, que se cumpre este ano. No encontro, no que participaron usuarios, socios, familiares, traballadores e voluntarios, o presidente de ASPAS Marcelo de la Cruz aclarou que este evento engloba a toda a Asociación, polo que se procurou a participación de todos na achega de propostas, recollidas a través de buzóns de suxerencias ou dos diferentes grupos de traballo da Asociación: Grupo de Pais, Grupo de Irmáns e Autoxestores.

Tras este proceso, conseguíronse máis de 100 propostas que se foron agrupando en categorías semellantes: actividades para desenvolver o día da Convivencia Familiar de ASPAS; actividades externas (de tipo lúdico), para desenvolver fóra dos nosos centros, na contorna de Santiago ou con Grupos ou Entidades coas que adoitamos colaborar; actividades de divulgación máis  formais e encamiñadas a informar da nosa historia e que é a Asociación ASPAS; e outras.

De entre todas elas, na Xunta Directiva priorizáronse cinco: a  Convivencia familiar especial 50 aniversario; a actividade de ASPAS facendo Camiño; a elaboración dun libro conmemorativo dos 50 anos da Asociación; a creación dun Vídeo sobre a Asociación; a realización dunha exposición e instalar mesas divulgativas sobre os 50 anos en diferentes lugares da comarca de Santiago.

En calquera caso, estas non serán as únicas accións, xa que aproveitando as sinerxias con entidades coas que se adoita colaborar, tratarase de participar ou organizar eventos que poidan proporcionar visibilidade e relevancia á Asociación ASPAS na nosa contorna para que a xente nos coñeza e a noso labor reciba máis apoios. Para lograr este obxectivo, Marcelo de la Cruz recalcou a importancia da implicación de todos e repartiuse entre os presentes unha ficha de colaboración para garantir unha comunicación rápida e eficiente que permita desenvolver as actividades cos medios e o apoio adecuados.

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > 50º Aniversario

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org