Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 11/10/2016 | Elaboración de repostería

Xornada de repostería nas vivendas comunitarias de ASPAS

Os usuarios das vivendas aprenderon a facer biscoito. Nos talleres de cociña búscase fomentar a autonomía das persoas con discapacidade, o desenvolvemento de habilidades sociais e a cooperación grupal.

06/10/2016 | Santiago de Compostela

Os usuarios das vivendas comunitarias de ASPAS tiveron o pasado martes unha xornada de repostería na que aprenderon a facer biscoito. Nestes talleres de cociña búscase fomentar a autonomía das persoas con discapacidade, o desenvolvemento de habilidades sociais e a cooperación grupal. 
 
Así, coa colaboración dos voluntarios e o persoal da asociación, desenvólvense este tipo de actividades nas que se adquiren coñecementos e hábitos relacionados coa nutrición, a saúde e a alimentación. O recoñecemento dos ingredientes e as unidades de medida, o manexo dos electrodomésticos ou a adquisición dos hábitos de hixiene adecuados son algúns dos beneficios desta actividade.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Centros > Vivendas Comunitarias

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org