Noticias
© Asociación ASPAS | 22/11/2016 | Mantemento do parque de Brandía
ASPAS Emprego seguirá realizando o coidado do parque de Brandía durante un ano máis
A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou o pasado 18 de novembro a prórroga deste contrato. ASPAS realiza desde 2005 este servizo, no que actualmente traballan cinco persoas con discapacidade.
22/11/2016 | Santiago de Compostela
ASPAS Emprego, o centro especial de emprego da Asociación ASPAS, seguirá realizando os traballos de coidado do parque de Brandía durante un ano máis. A Xunta de Goberno do Concello de Santiago na súa reunión do pasado 18 de novembro decidiu prorrogar este contrato ata novembro de 2017.
Actualmente cinco persoas con discapacidade están empregadas para as labores de conservación e mantemento deste parque, como desbroces, podas ou reposición de plantas. ASPAS ten ao seu cargo este servizo dende o ano 2005 e en 2014 obtivo por última vez a concesión por dous anos con opción a un máis de prórroga, que vén de concederse agora.
O parque de Brandía está situado na zona oeste de Santiago de Compostela. As máis de seis hectáreas que ocupa esténdense pola beira dereita do río Sar, entre este e a estrada vella de Noia, constituíndo unha das zonas verdes máis fermosas da cidade.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Centros > Aspas Emprego, s.l.







