Noticias
© Asociación ASPAS | 03/02/2017 | Un dos respiros realizados durante o ano 2016
ASPAS comeza un novo programa de respiro familiar grazas á colaboración do Concello de Santiago
O servizo desenvolverase en fins de semana, que se irán programando segundo demanda e levaranse a cabo nos pisos de Fontiñas, que tamén nos cede o Concello.
03/02/2017 | Santiago de Compostela
ASPAS comeza un novo programa de respiro familiar grazas á colaboración do Concello de Santiago. Este servizo desenvolverase en fins de semana, que se irán programando segundo demanda e levaranse a cabo nos pisos de Fontiñas, que tamén nos cede o Concello. No mes de febreiro, o respiro familiar será a fin de semana dende o venres 10 ás 18.30 ata o luns 13 ás 10.00.
Este programa trata de prestar un servizo de estancia temporal que cubra as demandas de descanso, estrés familiar ou urxencias puntuais xurdidas no entorno familiar da persoa con discapacidade. Para acceder ao servizo, ASPAS comunica a posibilidade a todas as familias e calquera delas poderá beneficiarse previa solicitude e tendo en conta a capacidade e as limitacións das vivendas na que se realiza a estancia.
Os usuarios deben facer unha aportación e levar diñeiro de bolsillo para actividades de lecer. Aínda que o custe é moi superior a estas aportacións, pode levarse a cabo grazas ao apoio do Concello de Santiago.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Respiro/Emerxencia Familiar







