Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 30/11/2016 | Postais de Nadal

Os usuarios de ASPAS elaboran máis de oitenta postais para felicitar o Nadal

A tarxeta máis votada polo persoal será utilizada pola asociación para a súa felicitación anual. Todas elas concursan no certame organizado por Special Olympics Galicia.

30/11/2016 | Santiago de Compostela

Os usuarios e usuarias de ASPAS dos centros de San Marcos e Laraño elaboraron máis de oitenta postais para felicitar as festas do Nadal. Todas elas foron expostas durante os últimos días no salón multiusos, onde se instalou tamén unha urna na que o persoal da asociación votou para elixir a súa preferida. A que obtivo máis votos será a empregada por ASPAS para a súa felicitación anual.
 
Ademais, todas as tarxetas serán enviadas para concursar no certame que organiza cada ano Special Olympics Galicia no que participan persoas dcon discapacidade intelectual de toda Galicia. Neste certame elíxense os tres primeiros deseños de cada modalidade, que se empregarán para as felicitacións do ano 2017 desta entidade se os participantes ou titores desexan cedelas.
 
Para respectar o anonimato deste certame aínda non podemos amosar as postais elaboradas en ASPAS, pero aseguramos que a creatividade dos nosos usuarios produciu deseños moi orixinais e fermosos. 
 
 
 
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Servizos > Lecer, Deportes e Voluntariado

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org