Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 02/12/2016 | Persoas con grandes necesidades de apoio e persoal coidador en Laraño

ASPAS apoia o posicionamento de Plena Inclusión sobre as persoas con discapacidade intelectual con grandes necesidades de apoio

Con motivo do Día Internacional das Personas con Discapacidade, a entidade presentou un estudo do que se desprende que é necesario que a Administración contemple as necesidades deste colectivo de maneira prioritaria e urxente. O posicionamento esixe uns mínimos irrenunciables para que estas persoas poidan vivir conforme a un proxecto vital elixido e que poidan dispoñer dos recursos  necesarios para desenvolver o seu proxecto de vida, evitando situacións de pobreza e exclusión social.

02/12/2016 | Santiago de Compostela

ASPAS apoia o posicionamento de Plena Inclusión sobre as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con grandes necesidades de apoio. Esta entidade presentou o estudo "Todos somos todos. Dereitos e Calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e maiores necesidades de apoio", realizado polo Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO), da Universidade de Salamanca. Ante os datos que se sinalan nel despréndese que é necesario que a Administración contemple as necesidades deste colectivo de maneira prioritaria e urxente. Por mor deste traballo, Plena Inclusión fixo público un posicionamento no que esixe uns mínimos irrenunciables para que estas persoas poidan vivir conforme a un proxecto vital elixido e que poidan dispoñer dos recursos  necesarios para desenvolver o seu proxecto de vida, evitando situacións de pobreza e exclusión social.

Os datos presentados no estudo "Todos somos todos" sinalan como aspecto máis destacado a situación de exclusión que viven estas persoas, moi acusada en ámbitos como a educación ou o emprego, sendo así privadas de dereitos que lles son recoñecidos. Para romper esta fenda entre recoñecemento e exercicio pleno, esíxese á sociedade que asuma este recoñecemento, que se produza a transformación social para alcanzar unha sociedade sen exclusión. Ao mesmo tempo, é necesario repensar os apoios que reciben e mellorar os datos dos que se dispón para aplicar as políticas sociais adecuadas. Neste sentido, destaca tamén o aparente aumento da lonxevidade deste colectivo, pero é necesario contar con rexistros específicos que o avalen.

En canto ás súas relacións sociais, o 60% das persoas con discapacidade intelectual e grandes necesidades de apoio ten poucas ou ningunha oportunidade para facer novas amizades. Outra cuestión que mingua a súa calidade de vida é o estado de saúde, xa que o de case  a metade é malo ou moi malo.

Cabe destacar ademais a situación en relación aos coidados que reciben, proporcionados polas familias no 95% dos casos, que ven deteriorada a súa saúde e calidade de vida debido a este motivo. Por iso, Plena Inclusión considera no seu posicionamento que todas e cada unha das familias deben dispoñer de apoios e oportunidades para desenvolver o seu proxecto de vida familiar e o de cada un dos seus membros.

En definitiva, Plena Inclusión indica que  para evitar esta preocupante situación de exclusión social, a atención  das necesidades das persoas con discapacidade intelectual con grandes necesidades de apoio debe constituír unha prioridade na axenda social do goberno e débense homoxeneizar o proceso de valoración da dependencia e prestacións en cada comunidade autónoma.

Aquí podes ver o posicionamento completo: POSICIONAMENTO PLENA INCLUSIÓN

Aquí podes ver o informe executivo do estudo: TODOS SOMOS TODOS

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > Sensibilización social

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org