Noticias
Novo servizo "Plan de Actividades na comunidade"
A Asociación Aspas crea un novo servizo este verán para apoiar a las personas usuarias e ás súas familias mentres o centro ocupacional e centro de día permanecen pechados.

23/06/2020
As persoas con discapacidade intelectual usuarias do centro ocupacional e centro de día levan sen participar nas actividades terapéuticas dos centros ocupacionais e centros de día desde mediados do mes de marzo, provocado un impacto significativo na súa calidade de vida, que se viron limitadas tanto as súas relacións sociais e a súa participación comunitaria, como as súas habilidades funcionais relacionadas co traballo que realizamos en ASPAS, podendo aparecer estados de ansiedade, ou incremento de condutas desafiantes.
Este feito pode supoñer un retroceso cognitivo e/ou físico en moitos dos casos, así como aumenta as posibilidades de sufrir ansiedade, depresión, desmotivación... e mesmo favorece a exclusión social ao non relacionarse cos seus compañeiros, monitores, deixar de participar nas actividades en comunidade...
Por este motivo a Asociación ASPAS crea o servizo de Plan de Actividades con dous obxectivos claros:
- Por unha banda ofrecer un servizo que favoreza a conciliación familiar prestando apoios ás persoas usuarias do servizo de Centro Ocupacional e Centro de Dia, durante varias horas ao día ou mesmo realizando saídas de días completos.
- Por outra banda, ofrecer a oportunidades para que as persoas usuarias, a través de saídas e actividades, poidan descubrir os recursos comunitarios que existen próximos ao seu fogar, tanto de entretenimento como de lecer e/ou cultura, descubrir a súa contorna e aproveitar a potencialidade que ofrece a comunidade á vez que melloran as súas propias habilidades para o uso destes recursos.
As saídas realízanse en grupos pequenos de non máis de 4 persoas, de forma que podamos ofrecer o servizo dunha forma non só máis integradora senón tamén cumprindo de forma estrita as recomendacións de seguridade fronte o COVID-19.
Arquivada en:






