Noticias
ASPAS incorpora un novo furgón eléctrico para o servizo de lavandería
02/10/2026
En ASPAS seguimos mellorando os nosos recursos para ofrecer servizos máis eficientes, sostibles e adaptados ás necesidades da entidade.
Recentemente incorporamos un novo furgón eléctrico con plataforma, destinado ao servizo de lavandería, que facilitará o transporte de roupa e material entre os distintos puntos de traballo e permitirá desenvolver este servizo dun xeito máis cómodo e eficiente.
A adquisición deste vehículo foi posible grazas a unha axuda de 50.100 € concedida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, no marco do procedemento BS623D, financiado con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades.
Ademais de mellorar a organización e o transporte asociado ao servizo de lavandería, este novo vehículo supón un paso máis no compromiso de ASPAS coa mobilidade sostible e a redución do impacto ambiental.
Agradecemos á Xunta de Galicia o apoio recibido, que nos permite seguir avanzando na mellora dos nosos servizos e dos medios cos que traballamos cada día.
Arquivada en:






