Cookies


Noticias 

ASPAS incorpora un novo furgón eléctrico para o servizo de lavandería

02/10/2026

En ASPAS seguimos mellorando os nosos recursos para ofrecer servizos máis eficientes, sostibles e adaptados ás necesidades da entidade.

Recentemente incorporamos un novo furgón eléctrico con plataforma, destinado ao servizo de lavandería, que facilitará o transporte de roupa e material entre os distintos puntos de traballo e permitirá desenvolver este servizo dun xeito máis cómodo e eficiente.

A adquisición deste vehículo foi posible grazas a unha axuda de 50.100 € concedida pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, no marco do procedemento BS623D, financiado con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do Imposto de Sociedades.

Ademais de mellorar a organización e o transporte asociado ao servizo de lavandería, este novo vehículo supón un paso máis no compromiso de ASPAS coa mobilidade sostible e coa redución do impacto ambiental.

Agradecemos á Xunta de Galicia o apoio recibido, que nos permite seguir avanzando na mellora dos nosos servizos e dos medios cos que traballamos cada día.

 

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org