Cookies


Noticias 

ASPAS incorpora novas bicicletas adaptadas para promover a inclusión, o voluntariado xuvenil e a mobilidade sostible

22/06/2026 | Santiago De Compostela

ASPAS puxo en marcha o proxecto “Adquisición de diversas bicicletas para capacidades diversas”, unha iniciativa destinada a favorecer a participación social, o ocio inclusivo e a mobilidade sostible das persoas con discapacidade intelectual. Grazas a este proxecto, a entidade incorporou ao seu equipamento diferentes bicicletas convencionais, eléctricas e un triciclo adaptado, que permitirán desenvolver actividades accesibles e adaptadas ás distintas capacidades físicas e cognitivas das persoas participantes. Esta actuación permitirá organizar rutas e actividades comunitarias inclusivas, creando espazos de encontro, convivencia e aprendizaxe compartida entre persoas con e sen discapacidade. Ademais, reforza o papel da mocidade voluntaria, promovendo valores como a igualdade, o respecto, a cooperación e o apoio mutuo. O proxecto beneficia directamente a 60 persoas con discapacidade intelectual e contribúe a ampliar as oportunidades de participación comunitaria, actividade física adaptada e ocio saudable. Desde ASPAS valoramos moi positivamente esta iniciativa, que nos permite seguir avanzando cara a unha comunidade máis accesible, solidaria e inclusiva, promovendo ao mesmo tempo hábitos de vida saudables e unha mobilidade máis sostible.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org