Cookies


Noticias 

A Xunta de Galicia concede unha axuda de 65.763,75 € a ASPAS para mellorar a eficiencia enerxética dos seus centros

22/07/2025

A Asociación ASPAS ven de recibir unha axuda de 65.763,75 € a través da convocatoria de programas de interese xeral financiados a través da asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e do imposto de sociedades, promovida pola Xunta de Galicia. O proxecto, baixo o título “Mellora da eficiencia enerxética mediante a instalación de bombas de calor de alta temperatura”, permitirá substituír o sistema actual de calefacción por un máis sostible, eficiente e con menor impacto ambiental, mellorando o confort térmico dos espazos destinados á atención de persoas con discapacidade intelectual. Esta actuación enmárcase dentro da aposta de ASPAS pola transición enerxética e o compromiso co medio ambiente, ao tempo que garante unhas condicións óptimas de benestar para as persoas usuarias dos seus servizos.

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org