Noticias
ASPAS comparte unha nova xornada deportiva con entidades de toda Galicia no Maratón Urbano de Vilagarcía
Na XVIII edición desta proba particparon catro atletas de ASPAS nas categorías de 800 e 1.500 metros.
07/06/2016 | Santiago de Compostela
Atletas de ASPAS compartiron esta fin de semana unha nova xornada de deporte con outras entidades de toda Galicia no XVIII Maratón Autonómico Urbano de Vilagarcía. A proba, organizada por Special Olympics Galicia en colaboración con Fademga Plena Inclusión Galicia e promovida por Con Eles, contou coa presenza de catro participantes da nosa entidade nas categorías de 800 e 1.500 metros.
No circuíto urbano trazado polas rúas de Vilagarcía tivemos en acción a Ramonita Seijo que alcanzou o primeiro posto nos 1.500 metros, mentres que Jesús Cabo logrou a segunda praza na mesma distancia en categoría masculina. Pola súa banda, Felipe Varela foi undécimo en 800 metros, proba na que tamén participou Alberto Gómez.
Nesta cita deportiva implicáronse máis de 300 persoas, entre atletas, adestradores e voluntarios. As carreiras disputáronse durante a mañá, deixando a tarde libre para actividades de ocio opcionais nunha nova xornada de deporte, inclusión e compañeirismo.
Arquivada en:






