Noticias
ASPAS impulsa a sostenibilidade enerxética

06/09/2025
A Asociación ASPAS está a executar a instalación dun sistema de 45 kW de acumulación en baterías de litio en los centros de San Marcos.
Este proxecto permitirá optimizar o aproveitamento da enerxía renovable xa instalada, avanzar cara á autosuficiencia enerxética e reducir a pegada ambiental da entidade.
Esta actuación conta cunha axuda de 12.692,00 € do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, co obxectivo de contribuír a unha Europa máis verde, baixa en carbono e resiliente fronte ao cambio climático.
Obxectivos: mellorar a eficiencia enerxética, fomentar o uso racional da enerxía e reducir custos.
Resultado esperado: maior seguridade e autonomía no subministro eléctrico, cun impacto positivo económico, social e ambiental.
Grazas ao apoio da Unión Europea e do Inega, ASPAS continúa avanzando cara a un futuro máis sostible e inclusivo.
Arquivada en:






