Cookies


Noticias 

© Asociación ASPAS | 07/12/2017 | María José Andrade, Ángel Carracedo, Gonzalo Berzosa e Fernando Luis Blanco

Gonzalo Berzosa e Ángel Carracedo achegan as claves sobre o envellecemento e a xenética nas persoas con discapacidade intelectual

Máis de 80 persoas asistiron á xornada de formación organizada por ASPAS en colaboración con Fundación Mapfre e Abanca na que os dous expertos reflexionaron sobre estes temas.

07/12/2017 | Santiago de Compostela

A Asociación ASPAS celebrou o pasado venres unha xornada de formación no Centro Abanca Obra Social de Santiago sobre o envellecemento e a xenética nas persoas con discapacidade intelectual na que contou cos relatorios do psicólogo e xerontólogo, Gonzalo Berzosa, e do catedrático de Medicina Legal e investigador, Ángel Carracedo. Ao evento, que contou coa colaboración da Escola de Familias e Discapacidade da Fundación Mapfre e de Abanca, asistiron máis de 80 persoas.

A viceresidenta de ASPAS, María José Andrade, e o director de Mapfre Santiago Hórreo, Fernando Luis Blanco, inauguraron o acto e deron paso, en primeiro lugar, a Gonzalo Berzosa, que apuntou que a esperanza de vida das persoas con discapacidade agora é maior, e o reto está en vivir ben eses anos. Segundo afirmou na súa intervención, na que moitos familiares asistentes se viron reflectidos nos exemplos que citou, a garantía de envellecer ben depende da capacidade de adaptación aos cambios que se producen.

Tras un breve decanso, chegou o momento de escoitar a Ángel Carracedo, quen explicou de xeito moi ameno as bases xenéticas da discapacidade intelectual. O doutor Carracedo indicou que o 70% das discapacidades intelectuais teñen que ver cos xenes, e un 35% delas poden diagnosticarse. O encontro rematou cunha quenda de preguntas do público e coa entrega dun agasallo da asociación aos poñentes, a quen lles agradecemos a súa participación, así como aos colaboradores e a todas as persoas que asistiron como público.
 

Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > 50º Aniversario

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org