Infórmate > Noticias 

Noticias 

Máis de 900 persoas celebran con ASPAS a gala de peche do 50 Aniversario
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

18/12/2017 | Santiago de Compostela

No evento que puxo o broche de ouro aos actos conmemorativos do medio século da asociación, os asistentes vibraron coa interpretación do musical ¡Peter!¡Volamos! e seguiron con gran interese os actos previos, nos que se fixo un percorrido pola historia de ASPAS e interviron o presidente da entidade e os representantes das administracións públicas.

1 de 25

A gala de peche do 50 Aniversario de ASPAS congregou no Auditorio de Galicia máis de 900 persoas para despedir este ano tan especial para a asociación. A representación do musical ¡Peter!¡Volamos!, dirixido por Kiko Bouza e interpretado por máis de 50 actrices e actores con discapacidade intelectual e voluntarios, foi o momento máis aplaudido da noite. Con todo o público en pé, vibrando coa emoción e a alegría que transmitiron as e os intérpretes, remataba unha noite inesquecible.

O acto comezou cun repaso dos 50 anos de historia da asociación, no que os presentadores, Begoña Vales e Manuel López, resumiron os principais fitos da traxectoria de ASPAS, ilustrados por unha proxección de imaxes. Tamén se fixo un percorrido polas actividades conmemorativas do cincuentenario e agradeceuse o apoio dos colaboradores da entidade.

A continuación interveu o presidente de ASPAS, Marcelo de la Cruz, quen agradeceu a súa implicación a todas as persoas participantes nos actos do 50 Aniversario, e os representantes das administracións públicas. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, felicitaron a asociación polos seus 50 anos e expresaron o compromiso dos organismos que representan de seguir colaborando con ela no futuro.

Ademais, ASPAS instalou un photocall no que as persoas asistentes tiveron a oportunidade de levar unha imaxe para lembrar este día tan especial. Ao finalizar a gala, as persoas con discapacidade, as familias, os voluntarios, o persoal e a xunta directiva disfrutaron dun cóctel con música e baile para despedir unha noite máxica.

Arquivada en:

Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Os nosos Programas > 50º Aniversario

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info


Rúa Santa Teresa de Jornet 19      15890 San Marcos      Santiago de Compostela      A Coruña      Tlf.: 981 582 050      aspas@asociacionaspas.org