Noticias
© Asociación ASPAS | 16/02/2017 | Taller de xardinería
ASPAS adquire unha nova furgoneta para o taller de xardinería grazas á colaboración da Fundación ONCE
Esta entidade aporta o 75% do financiamento para a compra do vehículo, que contribúe a seguir desenvolvendo as actividades deste departamento do Centro Ocupacional.
16/02/2017 | Santiago de Compostela
A Asociación ASPAS adquiriu unha nova furgoneta para o taller de xardinería e horticultura grazas á colaboración da Fundación ONCE, que aporta o 75% do financiamento para a compra do vehículo. A obtención desta furgoneta, que será entregada a ASPAS nas próximas semanas, contribuirá a seguir desenvolvendo as actividades deste departamento do Centro Ocupacional.
No taller de xardinería e horticultura as persoas con discapacidade intelectual reciben formación para o emprego nestas materias. Nel realízanse tarefas de acondicionamiento e conservación de parques e xardíns, cultivo e venda de hortalizas e plantas ornamentais.
Actualmente a maior parte do traballo para clientes deste taller consiste en mantementos e acondicionamentos de xardíns privados, aínda que ten unha longa traxectoria e experiencia con grandes espazos, xa que levou a cabo non só a construción e deseño dalgúns dos parques do Concello de Oroso, senón tamén o mantemento dun dos parques municipais do Concello de Santiago de Compostela, o parque de Brandía, ata a cesión do servizo ao Centro Especial de Emprego de ASPAS.
Arquivada en:
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Os nosos Centros > Centro Ocupacional







