Cookies


Noticias 

Os usuarios de ASPAS reciben formación en prevención de casos de abuso

A Unidade de Atención a Vítimas con Discapacidade Intelectual da Fundación Carmen Pardo-Valcarce ofreceu este obradoiro que ten como obxectivo dotar ás persoas con discapacidade intelectual de ferramentas para identificar situacións de abuso.
 

29/04/2016 | Santiago de Compostela

Os usuarios de ASPAS asistiron esta semana a un obradoiro de formación en prevención de casos de abuso impartido pola Unidade de Atención a Vítimas con Discapacidade Intelectual da Fundación Carmen Pardo-Valcarce. A psicóloga Patricia Sanjape foi a encargada de desenvolver esta actividade enmarcada no programa formativo de prevención, detección e intervención en casos de abuso a personas con discapacidad intelectual desta fundación.
 
Na actividade participaron 26 persoas, repartidas en dous grupos de 12 e 14 persoas, respectivamente. O obxectivo é que as e os alumnos coñezan a Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade e dotalos das ferramentas necesarias para identificar unha situación de abuso ou maltrato e solicitar axuda.

Arquivada en:

Logo Entidad

PROMOVEN:

Logo FBarrie Logo EDISA
Rúa Santa Teresa de Jornet 19   15890 San Marcos   Santiago de Compostela   A Coruña   Tlf.: 981 582 050  aspas@asociacionaspas.org